Cantas ideas caben nunha valixa?

Quen somos?

Durante décadas, a valixa mexicana gardou en segredo miles de fotografías da Guerra Civil tomadas por Endre Friedman, Gerda Taro e David Seymour.

A historia de milleiros de persoas sobreviviu á desmemoria, cambiou de mans e cruzou fronteiras sen que nunca existira a certeza de que algún día saíse á luz.

Da herdanza dese compromiso co anónimo nace LAVALIJA, un colectivo composto por mozas e mozos de diferentes disciplinas que acreditamos na capacidade das ferramentas audiovisuais, non só para retratar o mundo, senón para transformalo. 

OS NOSOS PROXECTOS

O 21 de Xullo de 2021 o grupo The Hardbeats  lanzou o videoclip da canción “London’79”. Este tema contou coa colaboración do músico alemán Dr. Ring Ding.

O 14 de Maio de 2021 o grupo Apart, orixinario de Carballo,  estreou o videoclip da canción “We want it all”. Un tema que está inspirado na década dos 70.

O 23 de Outubro de 2020 o cantante navarro Juantxo Skalari xunto coa súa banda La Rude Band estrenou o videoclip da canción “Siglo XXI”.