Que facemos?

Durante décadas, a valixa mexicana gardou en segredo miles de fotografías da Guerra Civil tomadas por Endre Friedman, Gerda Taro e David Seymour.

A historia de milleiros de persoas sobreviviu á desmemoria, cambiou de mans e cruzou fronteiras sen que nunca existira a certeza de que algún día saise á luz.

Da herdanza dese compromiso co anónimo nace LAVALIJA, un colectivo composto por mozas e mozos de diferentes disciplinas que acreditamos na capacidade das ferramentas audiovisuais, non só para retratar o mundo, senón para transformalo.