APART PRESENTA VIDEOCLIP, WE WANT IT ALL
O grupo carballés continua co seu proxecto e lanzará este venres 14 de maio un novo videoclip inspirado na década dos 70.

A finais de 2020 presentaban o seu novo traballo We Want It All, un álbum que lanzaron progresivamente coma un conxunto de singles ao longo do ano 2021.
Tras sacar á luz títulos coma Honest ou Everything, seis meses despois chega a canción que lle pon nome ao proxecto, We Want It All, un tema de cadencia disco e estribillo hipnótico. A través dun videoclip de inspiración «setenteira» énchenos de gañas de volver a xuntarnos e disfrutar dos directos.
We Want It All é ata o momento a canción más rítmica e enérxica presentada neste novo proxecto, e déixanos coas ganas de coñocer o resto do álbum.
O videoclip estrenarase en YouTube, onde se poderá disfrutar a partir do venres 14 de maio. Posteriormente será lanzado a través das principais plataformas dixitais coma Spotify, Apple Music, Amazon Music, etc.
Todos os temas foron gravados en Nakra Estudio en A Coruña e masterizados polo alemán Robin Schmidt. Nesta ocasión, o videoclip corre a cargo de Colectivo Lavalija baixo a dirección de Juan Pirola.
Ata o de agora só desvelaron unha primeira data, será o 26 de xuño en Carnota, acompañando a M-Clan dentro do ciclo Orballo Cultural.
